O MUSEO

Morteiro de mármore branco

Elemento doméstico/ritual.

Estes morteiros romanos usábanse para cociñar salsas e cremas para os guisos.
A forma e a materia prima con que está feito indícanos que o seu posuidor contaba cun alto nivel económico.

Podería utilizarse para distintas actividades: consumo de alimentos sólidos e líquidos no banquete ritual, pero tamén para o seu almacenamento e preparación. Este morteiro, ao estar realizado en mármore e non en arxila, puido formar parte dalgunha cerimonia ritual na liturxia do Mitreo.

Medidas: Altura 7,8 cm; diámetro 27 cm.

Autoría: Celso Rodríguez Cao

Entalla de anel 

Realizada en cornalina de cor laranxa, que se usaría nun anel non conservado. Ten forma oval e sección trapezoidal. As dúas caras son planas e ten os bordos cortados en dirección ao reverso. Na cara superior conta con decoración incisa que representa unha biga guiada por unha Vitoria alada (corpo e cabeza de perfil mirando á fronte) que suxeita as rendas dos cabalos na man esquerda, ao mesmo tempo que na dereita ten unha rama de palma. Este tipo de escena é un motivo amplamente representado na numismática e na glíptica romana.

Ademais da súa utilidade como ornamento persoal, non hai que descartar outras posibilidades de carácter simbólico, máxico, representación de status ou anuncio de compromiso.

Cronoloxía: II e III d.C.

Medidas: lonxitude 1,5 cm; ancho 1,1 cm; grosor 0,2 cm​

Autoría: Celso Rodríguez Cao

Ara granítica dedicada a Mitra 

Ara granítica dedicada a Mitra, divindade persa moi estendida por todo o Imperio romano.
Época romana

Material: granito

Cronoloxía: ca. 212-218 dC.

Medidas: alto 0,935 m; ancho 0,363 m; profundidade 0,235 m.

Área inscrita 0,635 x 0,315 m

Altura das letras: 0,004 m

Os subliñados indican ligaduras

Deo / Inuic(to) Mithrae / G(aius) Victorius Vic/torinus (centurio) L(egionis) VII G(emina) / Antonianiae P(iae) F(elicis) / in honorem sta/tionis lucensis / et Victoriorum / Secundi et Vic/toris lib(ertorum) suor/um aram po/suit libenti animo (hedera)

Al invicto Mitra, Gaius Victorius Victorinus, centurión de la Legión VII Gemina Antoniniana Pía Feliz, en honor de la statio de Lucus Augusti y de los Victorios Secundus y Victor, sus libertos. Colocó esta ara de buen grado.

Autoría: Celso Rodríguez Cao

Coñece as

auténticas pezas

da nosa

historia