A VISITA

Accesibilidade

– Acceso físico a persoas con mobilidade reducida: O edificio carece de barreiras físicas. Pódese acceder á domus a través dunha plataforma na escaleira de acceso, en tanto que para o piso primeiro disponse de ascensor. Hai WC adaptados para persoas con mobilidade reducida.

– Acceso para persoas invidentes: Disponse dun díptico en braille e coa ara en relevo, e mesa con reprodución de catro pezas para tocar (opus signinum, o anel do Mitreo, pezas de tear, asas de ánfora).

– Acceso idiomático: Coa entrada entrégase gratuitamente un tríptico cunha breve explicación do xacemento e un plano do Museo que pode tamén descargarse gratuitamente nesta páxina. O xacemento conta con pantallas táctiles que ofrecen información sobre cada un dos espazos da domus. Os folletos, as pantallas e os vídeos están dispoñibles en galego, castelán e inglés.

Recomendacións

Teña en conta que:
– Debido á situación da domus sete metros por baixo do nivel do Lugo actual, a temperatura é sensiblemente inferior á do exterior e o seu nivel de humidade considerablemente máis elevado, polo que se aconsella traer a roupa adecuada.

– Está prohibido o acceso con vultos voluminosos (maletas, mochilas e similares).

– As normas de acceso son as habituais de calquera museo: non se pode acceder con paraugas, mochilas ou obxectos punzantes, consumir comidas ou bebidas nin entrar con animais (salvo cans guía). 

– Non se poden facer fotografías con flash nin gravacións en vídeo.

– O Museo non ten bar nin cafetaría, pero nas proximidades (rúa da Cruz, praza do Campo, rúa Nova….) hai numerosos establecementos hostaleiros.